lunes, 6 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS

 Xa temos as nosas recomendacións para conmemorar o día das nosas letras, dos nosos autores, da misa lingua.

Luísa Villalta é a coruñesa homenaxeada desta volta. Hai propostas dela e doutros escritor@s en lingua galega, pasade pola biblio a ler algún anaquiño.



lunes, 29 de abril de 2024

viernes, 26 de abril de 2024

CONCURSO DE RELATOS

 Parabéns aos gañadores desta edición:

- Alumnado de 5º de educación infantil (proposta conxunta)

- Andrea Martínez, 6º B educación primaria



DÍA DO LIBRO 2024

 Unha edición máis do APADRIÑAMENTOS LECTORES, e un éxito máis. Da gusto ver a todo o alumnado no patio compartindo lecturas, risas, tempo e conversas. Grazas a toda a comunidade educativa pola implicación nesta proposta!

martes, 23 de abril de 2024

VISITA DE CARLOS MEIXIDE

 O autor de Ánxela e Spencer charlou animadamente esta mañá co alumnado de 6º onde revelou, entre outras cousas, por que lle puxo nome de comida a cada capítulo.


Grazas pola túa visita á nosa biblio, Carlos!

domingo, 21 de abril de 2024

BIBLIOPATIOS

 As dúas bibliopatio, unha no patio de infantil e outra no de primaria, están a ter moita participación. A de primaria renóvase cada luns, a de infantil de cando en vez. Educar voar a imaxinación a través das historias dos libros é unha boa forma tamén de disfrutar do tempo de recreo.



viernes, 19 de abril de 2024

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Despois da boa sensación deixada o curso pasado, desta volta tamén conmemoraremos o día do libro no cole facendo que padriños e madriñas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria contén contos a nen@s de infantil, 1º e 2º de primaria. Xa nos estamos coñecendo para ir sabendo gustos e preferencias.



miércoles, 17 de abril de 2024

VISITA EVA MEJUTO

 O alumnado de 5º tuvo unha sesión cos autora do libro “O día que choveron gatos” que xa tiñan lido. 

Contoulles que a inspiración para escribir a historia naceu dun cadro pintado por unha amiga súa, Susana Suniaga.

Asinou os seus exemplares e quedaron encantad@s!!!

Grazas Eva!





lunes, 15 de abril de 2024

FORMACIÓN DE USUARIOS



 Estamos a facer cambios na biblio dende que entramos no Plambe. Unha sinxela forma de clasificación é fundamental, polo que pretendemos dividila en 3 niveis:

AMARELO- primeiros lectores

VERMELLO- lectores autónomos 

VERDE- lectores expertos

Todos os exemplares levarán no lombo un gomet identificativo de cada unha das cores.

Ademáis debemos familiarizarnos coa CDU, código universal para clasificar os fondos bibliográficos das bibliotecas.

Nos vindeiro a meses faremos formación de usuarios para profesorado, alumnado e familias.


jueves, 4 de abril de 2024

CIENCIA NA BIBLIO

 A biblioteca do cole é un espazo que pretende acoller diversas actividades. A incorporación de xogos e materiais científicos así o corrobora. E a aceptación é innegable.