O día do libro conmemórase dende hai anos no cole con esta actividade colaborativa na que peques e maiores comparten libros e lecturas. FANTÁSTICA!
lunes, 23 de marzo de 2026
lunes, 5 de mayo de 2025
APADRIÑAMENTOS
Un año máis conmemoramos o DÍA DO LIBRO contando contos no patio do cole. Unha xornada de convivencia, irmandade e moitos contos!
Tedes un vídeo ilustrando o que aquí aconteceu una páxina web do cole.
viernes, 26 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO 2024
Unha edición máis do APADRIÑAMENTOS LECTORES, e un éxito máis. Da gusto ver a todo o alumnado no patio compartindo lecturas, risas, tempo e conversas. Grazas a toda a comunidade educativa pola implicación nesta proposta!
No enlace podedes ver o vídeo resumo:
viernes, 19 de abril de 2024
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Despois da boa sensación deixada o curso pasado, desta volta tamén conmemoraremos o día do libro no cole facendo que padriños e madriñas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria contén contos a nen@s de infantil, 1º e 2º de primaria. Xa nos estamos coñecendo para ir sabendo gustos e preferencias.
viernes, 5 de mayo de 2023
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Xa vos dixeramos hai uns días que estabamos a preparar algo para conmemorar o DÍA DO LIBRO. Unha das actividades deseñadas desde o Equipo de Biblioteca foi o de emparellar o alumnado para que maiores contaran contos a pequen@s.
Coñecéronse nas aulas, e padriños e madriñas preguntaron gustos e preferencias para poder escoller libros axeitados na biblioteca para afillados e afilladas.
E chegou o día de contarllelos. O noso patio luciu coma nunca con tanto colorido. Respirábase compañerismo, cariño e boas vibracións.
Lendo e escoitando tod@s ao tempo!
sábado, 22 de abril de 2023
viernes, 14 de abril de 2023
ALGO ESTAMOS PREPARANDO ....
-
Desta volta outro grupo de 2º primaria foi contar contos, cantar e pasar un tempiño cos maiores que están aquí pretiño do cole. Unha conviv...
-
As dúas bibliopatio, unha no patio de infantil e outra no de primaria, están a ter moita participación. A de primaria renóvase cada luns, a...
-
Como iniciativa da Biblioteca e continuidade da actividade que xa comezaran os colaboradores voluntarios, a clase de 2ºB visitou polo Entroi...

