Un ano máis o noso cole tivo a honra de ser visitado por autores dos libros que lemos nas aulas, unha actividade moi interesante e enriquecedora
Graciñas por achegarvos ata aquí!
Un ano máis o noso cole tivo a honra de ser visitado por autores dos libros que lemos nas aulas, unha actividade moi interesante e enriquecedora
Graciñas por achegarvos ata aquí!
O autor de Ánxela e Spencer charlou animadamente esta mañá co alumnado de 6º onde revelou, entre outras cousas, por que lle puxo nome de comida a cada capítulo.
Grazas pola túa visita á nosa biblio, Carlos!
O alumnado de 5º tuvo unha sesión cos autora do libro “O día que choveron gatos” que xa tiñan lido.
Contoulles que a inspiración para escribir a historia naceu dun cadro pintado por unha amiga súa, Susana Suniaga.
Asinou os seus exemplares e quedaron encantad@s!!!
Grazas Eva!
Desta volta tocoulle a Pere Tobaruela pasar pola nosa biblio e compartir impresións co alumnado de 5º de primaria sobre o seu libro “Formigas. Misión Rosalía”
Graciñas!