domingo, 26 de febrero de 2023

CONTACONTO EN LINGUA DE SIGNOS

OUTRA FORMA DE CONTAR CONTOS, CANTO APRENDEMOS!


DÍA DE ROSALÍA. LECTURAS E ACTIVIDADES

 LIBROS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO DISPOÑOBLES NA NOSA BIBLIOTECA:


En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o pasado 23 de febreiro todas as clases recibiron unha visita moi especial que nos contou algunha anécdota e nos recitou algún dos seus poemas, podedes velo na web do cole pinchando no seguinte enlace:

                                                          DiaRosalia2023

Ademais houbo unha sesión de poemas a cargo d@s maiores do cole que visitaron as aulas d@s pequen@s. GRAZAS COMPIS!!!



jueves, 16 de febrero de 2023

CONTACONTO DE ENTROIDO

 É unha sorte poder contar con familiares que teñen tanto que aportar ás nosas aprendizaxes.




Todo o alumnado do cole desfrutamos esta mañá coas historias que Xavier nos contou. Grazas polo teu tempo!

miércoles, 8 de febrero de 2023

ENTROIDO 23

 O noso Fantasmón ten preparadas unhas mandas para pasar unha semana de ENTROIDO ben divertida. Animádevos!









lunes, 6 de febrero de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Hoxe comezamos unha nova actividade desde a Nosa biblioteca. Cada semana 2 alumn@s por aula levarán cadansúa mochila cunha selección de libros ou contos axeitados á idade do curso.

Podedes miralos, lelos ou que volos lean… en definitiva, desfrutar con eles entre as vosas mans.

Xa sabedes que debemos tratar todo o material con respeto para que podan ir a todas as casas.

O prazo máximo para tela convosco é de 7 días.

Esperamos que vos gusten!

jueves, 2 de febrero de 2023

DÍA DA PAZ 2023

 Para conmemorar o día da Paz este ano desde o Equipo de Biblioteca colaboramos ofrecendo unhas sesións de contacontos de alumnado maior ao máis pequeno. Está a ser un éxito!

4ºA EI

4ºB EI

5ºB EI