viernes, 23 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA



 Unha das actividades realizadas neste día foi a de ler poemas e textos da autora por parte d@s maoires do cole aos pequen@s. 

En infantil foron “merendas con conto” 💕

Ademais un grupo leu na biblio (a meteoroloxía non nos permitió saír) na honra da nosa autora máis coñecida.

martes, 20 de febrero de 2024

CONTACONTOS NA GONZÁLEZ GARCÉS



 Esta preciosa mañá, @s peques de 6ºA de educación infantil saíron ata a biblioteca pública da zona dando un fermoso paseo para asistir a unha sesión de contacontos que moito lles gustou. As pasadas semanas tivemos que suspender esta actividade programada para @s de 5º EI, xa o lamentamos! E agardamos que os demais cursos tamén poidan acudir nos vindeiros días.

    6ºA EI


3ºA

lunes, 19 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Recomendacións

 Xa tedes á vos disposición exemplares para traballar co gallo do día adicado á nosa escritora máis universal o vindeiro 23 de febreiro. Atoparédelos na entrada da biblio, desfrutadeos!


Ese día sairemos á rúa a ler poemas seus ao carón da súa figura aquí pretiño do cole.

domingo, 11 de febrero de 2024

CONCURSO DE RELATOS

 Temos en marcha a 1ª edición do concurso de relatos. As bases están na web do cole, animádevos a participar!!!!! 



lunes, 5 de febrero de 2024

ENTROIDO

 Un ano máis a nosa mascota Fantasmón é a encargada das mandas de entroido do Wences. Estade moi atent@s!!!







viernes, 2 de febrero de 2024