Desta volta outro grupo de 2º primaria foi contar contos, cantar e pasar un tempiño cos maiores que están aquí pretiño do cole. Unha convivencia moi positiva para tod@s!!!!
bibliowences
martes, 13 de mayo de 2025
lunes, 5 de mayo de 2025
APADRIÑAMENTOS
Un año máis conmemoramos o DÍA DO LIBRO contando contos no patio do cole. Unha xornada de convivencia, irmandade e moitos contos!
Tedes un vídeo ilustrando o que aquí aconteceu una páxina web do cole.
martes, 1 de abril de 2025
DÍA DAS ARTES GALEGAS
Este 1 de abril conmemorámolo no cole coa exposición de obras feitas polo noso alumnado inspiradas na cerámica de Sargadelos: pratos, medallóns,…
NON DEIXEDES DE VISÍTALA POLOS CORREDORES DO CENTRO!
Ademais visitounos Xosé Díaz, fillo de Isaac Díaz Pardo e avó de 2 dos nosos alumnos Alexandre e Artur. Grazas mil por adicarnos este tempo!
lunes, 31 de marzo de 2025
jueves, 27 de marzo de 2025
miércoles, 26 de marzo de 2025
TEATRO NA BIBLIO
Estánse a levar a cabo diferentes actividades relacionadas con tema do PDI deste curso, o teatro, algo que está a ter moi boa acollida.
jueves, 13 de marzo de 2025
SEMANA DA PRENSA
Esta semana estánse a realizar diferentes actividades relacionadas coa prensa, outra forma de aprender.
viernes, 7 de marzo de 2025
VISITA AO CENTRO DE MAOIRES
Como iniciativa da Biblioteca e continuidade da actividade que xa comezaran os colaboradores voluntarios, a clase de 2ºB visitou polo Entroido o Centro de Maiores "La Milagrosa". Alí cantaron, bailaron e foron recibidos coma sempre con moito agarimo, sorrisos e, neste caso tamén, perrucas de moitas cores.
lunes, 24 de febrero de 2025
CONCURSO LITERARIO
Xuntando e tema do TEATRO e o DÍA DA MULLER, convócase unha nova edición do concurso no que poderá participar todo o alumnado do centro de xeito voluntario.
ANIMÁDEVOS A ESCRIBIR UNHA PEZA TEATRAL!!!!
-
A nosas recomendacións para ler ou agasallar este nadal son unha homenaxe a Miguel López, el Hematocrito, finado recentemente. Queda a súa ...
-
Abrimos o espazo da biblioteca para o seu uso en horario de recreo. Limítase a 2 alumn@s por aula, baixo supervisión de profesorado de gard...
-
Dende o Equipo de Biblioteca facemos esta selección de lecturas con novidades, clásicos, imprescindibles, ... unha mestura que agardamos se...