viernes, 5 de mayo de 2023

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Xa vos dixeramos hai uns días que estabamos a preparar algo para conmemorar o DÍA DO LIBRO. Unha das actividades deseñadas desde o Equipo de Biblioteca foi o de emparellar o alumnado para que maiores contaran contos a pequen@s.

Coñecéronse nas aulas, e padriños e madriñas preguntaron gustos e preferencias para poder escoller libros axeitados na biblioteca para afillados e afilladas. 

E chegou o día de contarllelos. O noso patio luciu coma nunca con tanto colorido. Respirábase compañerismo, cariño e boas vibracións. 

Lendo e escoitando tod@s ao tempo!