sábado, 16 de marzo de 2024

FAMILIAS CONTANDO CONTOS

 Encántanos ter pola nosa biblio familares que veñen compartir un pouquiño do seu tempo e unha boa historia…💕📚💕📚💕


Graciñas mamis!!!!!

martes, 12 de marzo de 2024

PRÉSTAMOS

 Todas as aulas temos asignada unha hora semanal para facer préstamos, ler ou escoitar relatos. Encántanos escoller e levar un libro en préstamo semanal, fomentando ávidos lectores!!!

alumnado de 2ºA facendo uso da biblio 


lunes, 11 de marzo de 2024

UN CURSO DE CINE


 Seguimos publicando actividades na web do cole e no recuncho da biblio adicada ao noso PDI deste curso… estamos a aprender moitas curiosidades!!!



viernes, 8 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER



 Na entrada da biblio temos os libros alusivos ao tema para os diferentes cursos:


Nestes días facemos diferentes actividades propostas polo equipo de Biblioteca e polo de Actividades Extraescolares: crachás, contos, debates, reflexións, xogos, … todo para formar futuros homes e mulleres que convivan en iguladade.

lunes, 4 de marzo de 2024

BIBLIOTECA VIRTUAL

 Grazas a ser un centro da rede PLAMBE (plan de mellora de bibliotecas escolares) temos acceso á plataforma ELBE2.0 onde poderemos atopar multitude de textos literarios.

 Estamos a compartir coas familias o correspondente USUARIO e CONTRASINAL asignado a cada alumn@. 

Está todo explicado na web do cole. Se tedes calquera dúbida ou dificultade podedes preguntar ao EQUIPO DE BIBLIOTECA na mesma. Aguardamos que vos sexa de utilidade.