miércoles, 8 de febrero de 2023

ENTROIDO 23

 O noso Fantasmón ten preparadas unhas mandas para pasar unha semana de ENTROIDO ben divertida. Animádevos!









lunes, 6 de febrero de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Hoxe comezamos unha nova actividade desde a Nosa biblioteca. Cada semana 2 alumn@s por aula levarán cadansúa mochila cunha selección de libros ou contos axeitados á idade do curso.

Podedes miralos, lelos ou que volos lean… en definitiva, desfrutar con eles entre as vosas mans.

Xa sabedes que debemos tratar todo o material con respeto para que podan ir a todas as casas.

O prazo máximo para tela convosco é de 7 días.

Esperamos que vos gusten!

jueves, 2 de febrero de 2023

DÍA DA PAZ 2023

 Para conmemorar o día da Paz este ano desde o Equipo de Biblioteca colaboramos ofrecendo unhas sesións de contacontos de alumnado maior ao máis pequeno. Está a ser un éxito!

4ºA EI

4ºB EI

5ºB EI


lunes, 9 de enero de 2023

EN OBRAS

 Estamos a realizar obras de mellora na biblioteca polo que por un periodo de tempo indefinido teremos que sufrir as consecuencias. De seguro que o resultado pagará a pena. Grazas pola vosa comprensión!!


 

jueves, 22 de diciembre de 2022

LECTURAS RECOMENDADAS NADAL 22

 A suxerencia do Equipo de Biblioteca é o seguinte:


 e vos desexa moita LECTURA, un BO NADAL  e FELIZ ANINOVO!

miércoles, 21 de diciembre de 2022

VISITA Á RESIDENCIA DA 3ª IDADE "LA MILAGROSA"

 O alumnado de 3º de primaria fixo unha visita aos residentes no centro de maiores próximo ao noso cole. Uns e outros desfrutaron dunha experiencia estupenda. Alí cantaron e compartiron uns momentos inesquecibles para todos.


domingo, 18 de diciembre de 2022