O vindeiro día 23 conmemórase o DÍA DO LIBRO e xa estamos a preparar algo para festexalo tal e como merece.
...estade atent@s!
| saudando afillad@s de 1º primaria |
| 6º primaria apadriñando 4º infantil |
Tivemos unha sesión de contacontos e de ilustración na nosa biblio para o alumnado de 1º primaria.
Pittaluga Miranda traballou o libro "O vampiro Ramiro", pasámolo de medo!
É importante seguir novas tendencias, diferentes propostas, outras perspectivas,… e iso é o que se pretende asistindo a formacións coma a que tivo lugar en Santiago os pasados 30 de 31 de marzo. Ana, a coordinadora do noso equipo de biblioteca, de seguro que virá cargada de boas e novas ideas para seguir mellorando a biblioteca do Wences
… desexando incorporalas!
Hoxe tocou a quenda d@s pequerrech@s do cole: alumnado de 4º infantil clasificou e colocou no sitio varios exemplares segundo a pegatina correspondente despois das actividades do tempo de biblioteca: ollada libre de contos variados e escoita atenta ao conto “Can e gato”. Fomentando a lectura ❤️
Desta volta tocoulle a Pere Tobaruela pasar pola nosa biblio e compartir impresións co alumnado de 5º de primaria sobre o seu libro “Formigas. Misión Rosalía”
Graciñas!
Temos na nosa biblio unha morena de títulos para todas as idades cos que traballar neste día.
Ademáis facemos visibles ás escritoras que nos teñen visitado nos últimos anos.
FELIZ DÍA DA MULLER!
Nesta nova edición as ilustracións escollidas polo xurado son:
PARABÉNS A TOD@S @S PARTICIPANTES: