jueves, 24 de octubre de 2024

24 de OUTUBRO

 Hoxe conmemoramos o día das BIBLIOTECAS visitando a do noso cole, realizando diferentes actividades e levando unha pegatina de agasallo, grazas Fantasmón!!!



lunes, 21 de octubre de 2024

EN PREPARACIÓN

 Estamos a renovar o contido das nosas MOCHILAS VIAXEIRAS, en breve comenzarán as súas viaxes polas nosas casas, non vos impacientedes!

martes, 1 de octubre de 2024

PDI

O tema elixido para traballar ao longo do curso é o teatro, asi que preparados, listos, ….

                          …. WENCES A ESCENA!!!



lunes, 30 de septiembre de 2024

RECREOS

 Xa temos en funcionamento as nosas bibliopatios e os recreos na biblio. Podemos desfrutar dos libros e xogos tamén no tempo de lecer. Animádevos a participar!

lunes, 16 de septiembre de 2024

CURSO 24/25

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO DESDE A BIBLIOTECA MOISES GOMEZ DO CEIP PLURILINGÜE WENCESLAO FERNANDEZ FLOREZ

AGARDAMOS VIVIR MOITAS AVENTURAS E EXPEEIENCIAS MARABILLOSAS DA MAN DE FANTASMÓN!!!!!

lunes, 3 de junio de 2024

MES DE XUÑO

 AO LONGO DO MES DE XUÑO NON SE FARÁN EMPRÉSTITOS XA QUE ADICAMOS O TEMPO A RECOLLER, ORDEAR E POÑER A PUNTO TODO O FONDO BIBLIOGRÁFICO COMO REMATE DO CURSO.

LEMBRADE DEVOLVER TODO O QUE TEÑADES POLA CASA OU AULAS! GRAZAS!

lunes, 27 de mayo de 2024

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Nestes últimos días do curso estase a realizar a formación de ususarios da biblioteca por parte da coordinadora Ana Regueira. Todos os cursos pasan pola nosa biblio para realizar diversas actividades relacionadas coa formación, tod@s debemos coñecela e saber movernos por ela. A todas as casas chegaría o tríptico informativo con toda a información, de seguro que vos contan.

domingo, 26 de mayo de 2024

CONCURSO MARCAPÁXINAS 2024

 Este curso os nosos marcapáxinas están cheos de CINE. É complicado ter que seleccionar só 1 en cada aula, pero aquí está o resultado, lembrade que TOD@s merecedes un premio polo voso esforzo, graciañas!




lunes, 6 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS

 Xa temos as nosas recomendacións para conmemorar o día das nosas letras, dos nosos autores, da nosa lingua.

Luísa Villalta é a coruñesa homenaxeada desta volta. Hai propostas dela e doutros escritor@s en lingua galega, pasade pola biblio a ler algún anaquiño.