O MES DE XUÑO ADICÁMOLO A RECOLLER LIBROS PRESTADOS, ORGANIZAR E FACER BALANCE DO CURSO, POLO QUE XA NON SE REALIZARÁN PRÉSTAMOS, DESCULPADE AS MOLESTIAS
VÉMONOS EN SETEMBRO DE NOVO!
EQUIPO DE BIBLIOTECA DO WENCESLAO
O MES DE XUÑO ADICÁMOLO A RECOLLER LIBROS PRESTADOS, ORGANIZAR E FACER BALANCE DO CURSO, POLO QUE XA NON SE REALIZARÁN PRÉSTAMOS, DESCULPADE AS MOLESTIAS
VÉMONOS EN SETEMBRO DE NOVO!
EQUIPO DE BIBLIOTECA DO WENCESLAO
Xa vos dixeramos hai uns días que estabamos a preparar algo para conmemorar o DÍA DO LIBRO. Unha das actividades deseñadas desde o Equipo de Biblioteca foi o de emparellar o alumnado para que maiores contaran contos a pequen@s.
Coñecéronse nas aulas, e padriños e madriñas preguntaron gustos e preferencias para poder escoller libros axeitados na biblioteca para afillados e afilladas.
E chegou o día de contarllelos. O noso patio luciu coma nunca con tanto colorido. Respirábase compañerismo, cariño e boas vibracións.
Lendo e escoitando tod@s ao tempo!
Agardamos que esta iniciativa sexa do voso interese.
Sesión a cargo de Benxamín Míguez Novoa. Fixo referencias aos contos clásicos que os nen@s souberon identificar, sendo protagonistas Olaya (1°A) e Daniela (2°B) das historias xurdidas a partir da recreación de ditos contos, que tamén ilustrou.
Tivemos unha sesión de contacontos e de ilustración na nosa biblio para o alumnado de 1º primaria.
Pittaluga Miranda traballou o libro "O vampiro Ramiro", pasámolo de medo!
É importante seguir novas tendencias, diferentes propostas, outras perspectivas,… e iso é o que se pretende asistindo a formacións coma a que tivo lugar en Santiago os pasados 30 de 31 de marzo. Ana, a coordinadora do noso equipo de biblioteca, de seguro que virá cargada de boas e novas ideas para seguir mellorando a biblioteca do Wences
… desexando incorporalas!