viernes, 29 de septiembre de 2023

HORARIO DE TARDE

A BIBLIOTECA PERMANECERÁ ABERTA DE MARTES A VENRES ENTRE AS 4 E AS 6 DA TARDE

VIDE PASAR UN BO TEMPO CONNOSCO, DE SEGURO QUE ATOPAREDES ALGO QUE VOS GUSTE!



lunes, 11 de septiembre de 2023

BENVID@S AO NOVO CURSO 23/24

  • Estamos a preparar a nosa biblio para poñela aínda máis chula e operativa… agardamos que vos guste…


Este curso o EQUIPO DE BIBLIOTECA estará formado por:

Ana R (coordinadora)

Alfredo

Ana G

Marta F

Marta

Rosa

Teresa


miércoles, 7 de junio de 2023

CERRAMOS EN XUÑO

 O MES DE XUÑO ADICÁMOLO A RECOLLER LIBROS PRESTADOS, ORGANIZAR E FACER BALANCE DO CURSO, POLO QUE XA NON SE REALIZARÁN PRÉSTAMOS, DESCULPADE AS MOLESTIAS

VÉMONOS EN SETEMBRO DE NOVO!

EQUIPO DE BIBLIOTECA DO WENCESLAO

viernes, 5 de mayo de 2023

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Xa vos dixeramos hai uns días que estabamos a preparar algo para conmemorar o DÍA DO LIBRO. Unha das actividades deseñadas desde o Equipo de Biblioteca foi o de emparellar o alumnado para que maiores contaran contos a pequen@s.

Coñecéronse nas aulas, e padriños e madriñas preguntaron gustos e preferencias para poder escoller libros axeitados na biblioteca para afillados e afilladas. 

E chegou o día de contarllelos. O noso patio luciu coma nunca con tanto colorido. Respirábase compañerismo, cariño e boas vibracións. 

Lendo e escoitando tod@s ao tempo!




jueves, 27 de abril de 2023

LIBROS Á SOLTA


 Na nosa biblio seguimos a facer expurgo de moitos dos volumes que enchían os nosos andeis. Desta volta temos unha selección a disposición das familias que poderán levalos a casa e darles outra vida. Estarán expostos en 2 mesas da biblioteca os días 3, 4, 5, 9, 10, 11 e 12 de maio en horario de 4 a 6. Podedes entrar libremente e levar os que precisedes, tentando non distorsionar o traballo do alumnado que poda estar nela.

Agardamos que esta iniciativa sexa do voso interese.


miércoles, 26 de abril de 2023

CONTACONTOS

Sesión a cargo de Benxamín Míguez Novoa. Fixo  referencias aos contos clásicos que os nen@s souberon identificar, sendo protagonistas Olaya (1°A) e Daniela (2°B) das historias xurdidas a partir da recreación de ditos contos, que tamén ilustrou.



viernes, 14 de abril de 2023

ALGO ESTAMOS PREPARANDO ....

 O vindeiro día 23 conmemórase o DÍA DO LIBRO e xa estamos a preparar algo para festexalo tal e como merece. 

...estade atent@s!

saudando afillad@s de 1º primaria


6º primaria apadriñando 4º infantil


jueves, 13 de abril de 2023

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

 Tivemos unha sesión de contacontos e de ilustración na nosa biblio para o alumnado de 1º primaria.

Pittaluga Miranda traballou o libro "O vampiro Ramiro", pasámolo de medo!



sábado, 1 de abril de 2023

FORMACIÓN

 É importante seguir novas tendencias, diferentes propostas, outras perspectivas,… e iso é o que se pretende asistindo a formacións coma a que tivo lugar en Santiago os pasados 30 de 31 de marzo. Ana, a coordinadora do noso equipo de biblioteca, de seguro que virá cargada de boas e novas ideas para seguir mellorando a biblioteca do Wences

… desexando incorporalas!