martes, 30 de enero de 2024

TRABALLOS DO DÍA DA PAZ

 Desta volta cada aula traballou o premio Nobel da paz outorgado ata hoxe. Fixemos un percorrido polo cole visitando os murais feitos polos compis… Parabéns!



lunes, 29 de enero de 2024

DÍA DA PAZ

 Na biblio temos unha selección de lecturas e actividades para conmemorar este día. Pasádevos por aquí!!!




jueves, 18 de enero de 2024

RECREOS NA BIBLIOTECA

 Abrimos o espazo da biblioteca para o seu uso en horario de recreo. Limítase a 2 alumn@s por aula, baixo supervisión de profesorado de garda.

De seguro que será un tempo de lecer moi proveitoso!

Grazas tamén ao alumnado colaborador!!!! 😍

lunes, 15 de enero de 2024

UN CURSO DE CINE

 Temos nova proposta, ... adiviñades de que película se trata? As vosas respostas no buzón da biblio, grazas!



martes, 19 de diciembre de 2023

domingo, 17 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS PARA NADAL

 A nosas recomendacións para ler ou agasallar este nadal son unha homenaxe a Miguel López, el Hematocrito, finado recentemente. Queda a súa obra para seguir a telo moi presente.



jueves, 14 de diciembre de 2023

VISITA AOS MAIORES

 O alumnado de 3º de primaria visitou este ano tamén o Complexo Xerontolóxico La Milagrosa. Pequen@s e maoires desfrutaron dun tempo compartindo panxoliñas, poesías, agasallos e contos. Unha experiencia inesquecible, de seguro, para tod@s.



lunes, 27 de noviembre de 2023

5º EI TRABALLANDO O CINE MUDO

 Alumnado de 5º EI está a traballar os inicios do cine, as películas mudas en branco e negro. Estamos a aprender e a divertirnos a partes iguais …ata fixemos unha curtametraxe!




USUARI@S

 @s máis peques do cole comezan a colocar os seis propios libros, clasifican segundo a pegatina e ordenan no lugar axeitado, bravo por el@s!!!



XOGAR NA BIBLIO TAMÉN É POSIBLE

 Chegan novas propostas á biblio, engadimos xogos cos que poder desfrutar e compartir. Compis axudantes encargaránse de explicar normas e regras para que ninguén quede sen probalos, animádevos!